Skip to main content
Saturday, 27 de May 2017

Sanxenxo

Sanxenxo

Sanxenxo é unha vila situada na costa de Galicia, España. Está bañada polo Océano Atlántico e é considerada a capital turística das Rías Baixas. A súa situación privelexiada confirelle unhas condición climáticas excelentes, con unha temperatura media de 15ºC, así como un entorno con un encanto inigualable no que destacan as  fermosas praias e paisaxes naturais de gran beleza.  Os 44 Km² de extensión cos que conta o Concello de Sanxenxo están repartidos en sete parroquias  (Adina, Bordóns, Dorrón, Nantes, Noalla, Padriñán y Vilalonga) con unha poboación aproximada de 17.100 habitantes, sendo as Vilas de Sanxenxo, Portonovo e Vilalonga os núcleos urbanos máis importantes. Conocido principalmente pola súa costa: 36 Km. de litoral que  se extenden polas Rías de Pontevedra e Arousa, conta con pequenas calas e 24 praias, 14 de elas con Bandeira Azul, sendo desde o 2.004  o municipio con máis galardóns de toda España e o segundo de Europa.   Ó longo do tempo  Sanxenxo convertiuse nun referente do turismo en Galicia, e ademáis ábrese ó resto do mundo gracias a que conta con sinxelos accesos, xa ben por autopista ou polos aeroportos cercanos (Vigo y Santiago). E por suposto o seu extraordinario Porto Deportivo Juan Carlos I, é parada obrigada para moitos navegantes nacionais e extranxeiros. COMO CHEGAR: VER MAPA