SANXENXO

Sanxenxo é unha vila situada na costa de Galicia, España. Está bañada polo Océano Atlántico  é considerada a capital turística das Rías Baixas. A súa situación privilexiada confírelle unhas condicións climáticas excelentes, cunha temperatura media de 15ºC, así como un entorno cun encanto inigualable no que destacan as fermosas praias e os paisaxes naturais de gran beleza.

Os 44 Km² de extensión cos que conta o Concello de Sanxenxo están repartidos en sete parroquias (Adina, Bordóns, Dorrón, Nantes, Noalla, Padriñán e Vilalonga) cunha poboación aproximada de 17.100 habitantes, sendo as Vilas de Sanxenxo, Portonovo e Vilalonga os núcleos urbanos máis importantes.

Coñecido principalmente pola súa costa: 36 Km de litoral que se estende  polas Rías de Pontevedra e Arousa. Ademais, conta con pequenas calas e 24 praias, 14 delas con Bandeira Azul, sendo desde o 2.004 o municipio con máis galardóns de toda España e o segundo de Europa.

Ó longo do tempo Sanxenxo converteuse nun referente do turismo en Galicia, e ademais ábrese ó resto do mundo grazas a que conta con fáciles accesos, xa ben por autopista ou por un dos aeroportos próximos (Vigo e Santiago). E por suposto o seu extraordinario Porto Deportivo Juan Carlos I, é para obrigatoria para moitos navegantes nacionais e estranxeiros.

 

Sanxenxo conta cunha ampla oferta hoteleira, as súas estupendas praias, o clima temperado, entre outros, foron os principais factores para que miles de visitantes elixisen a Sanxenxo como o seu destino turístico. Este gran incremento do sector turístico levou consigo o desenvolvemento dunha ampla e variada oferta que se axusta as necesidades e esixencias de todo tipo de público.

 

Neste apartado poderá encontrar moitos dos aloxamentos que se distribúen por todo o Concello de Sanxenxo. Aquí poderá encontrar hoteis, pensións, cámping…

 

RESTAURANTES

Sanxenxo ofrece unha ampla e variada gastronomía. A maioría dos mariscos e pescados son capturados nas súas costas e de aí chegan directamente ás prazas de abastos e restaurantes. A experiencia dos restauradores fai que cada un aporte ós seus pratos o seu propio toque persoal, conseguindo así pratos únicos. Ós mariscos e pescados temos que sumarlle tamén as estupendas verduras e hortalizas, cultivadas nas hortas do municipio, que xunto coas carnes conforman un delicioso complemento. Ademais hai que sinalar  que Sanxenxo forma parte das Rías Baixas, e por tanto, moito do viño albariño denominación de orixe Rías Baixas, procede dos viñedos do municipio.

E despois de coñecer as posibilidades que ofrecen os produtos da terra á gastronomía local, queremos mostrar os recunchos nos que desfrutar dun bo manxar.

 

"SANXENXO, MÁIS ALÁ DA TÚA IMAXINACIÓN"

ACTUALIDADE

CONTACTO

 

 

Submitting Form...

The server encountered an error.

Form received.

Tel: (+0034) 986 720 285

 

Puerto Deportivo Juan Carlos I

36960 Sanxenxo

info@turismodesanxenxo.com

 

Horario Oficina Puerto Deportivo Juan Carlos I:

de luns a sádado de 9:00h a 21:00h

Domingo e festivos de 10:00h a 14:00h

 

Debido á emerxencia sanitaria do Covid-19

as seguientes oficinas permanecerán cerradas:

Oficina Vinquiño ó lado supermercado Lidl)

Tel. 986 692 098

Oficina Portonovo - Baltar

Tel. 986 723 044

 

 

 

 

 

 

 

TELÉFONOS DE INTERÉS

 

TAXIS SANXENXO: 986 720 160

TAXIS PORTONOVO: 986 720 096

TAXIS VILALONGA: 986 744 353

RADIO TAXI: 986 723 030

 

CENTRO DE SAÚDE BALTAR: 986 723 128

CENTRO DE SAÚDE VILALONGA: 986 745 767

 

POLICÍA LOCAL: 986 727 072

GUARDIA CIVIL: 986 720 252

PROTECCIÓN CIVIL: 986 727 070

EMERXENCIAS: 112

 

 

©Turismo de Sanxenxo, S.L.