Doada no 1995 polo escultor Alfonso Vilar, nacido en Vilalonga, está situada na pedra do Corbeiro (praia de Silgar).
A escultura inspírase na mitoloxía celta e simboliza a beleza do mar. Na cabeza ten unha forma de “cornos” en “V” coa que representa a inicial do apelido do escultor.