Con da Romaíña

ENDEREZO & CONTACTO


Enderezo

Con da Romaíña

GPS

42.426407, -8.809211


HORARIO

Conxunto de grandes pedras que forman un abrigo natural que utilizaron como asentamento os primeiros poboadores de Sanxenxo. Na parte superior dunha das pedras hai tallados ocos que utilizaban para cociñar os alimentos.

Unha lenda conta que un home moi valente chamado Manoliño estaba xunto ao Con da Romaíña unha medianoite de lúa chea cando se abriu unha porta nunha das pedras da que saíu unha muller que lle falou dun tesouro. El seguiuna e, cando chegaron onde estaban as riquezas, a muller converteuse nunha serpe que se abalanzou sobre el. 

O home non se asustou, colleuna polo pescozo e estrangulouna, pero cando quixo saír da cova xa non puido e morreu no seu interior.  

MAPA DE LOCALIZACIÓN

CONTACTO

NOVA BUSCA

gl_ESGalego