
Enderezo
A Revolta Nantes Sanxenxo
GPS
42.423756923826, -8.8116388548757
Do século XVI, ano 1591, dunha soa nave rectangular. Na súa fachada principal ten un escudo onde se representan os bois que simbolizan os que achegou o abade de Nantes para facilitar a súa construción rematada en espadana.
Recentemente a súa contorna foi obxecto dunha mellora urbanística, cun empedrado e remodelación da iluminación. Deste xeito embeleceuse a capela e humanizouse a redonda.