
Enderezo
Igrexa de Dorrón Lugar Barreiro 6A Sanxenxo
GPS
42.4109039, -8.762921
Construída no 1764 sobre os restos dun templo románico, do que se conservan na actualidade os muros e os beirados da nave.
A edificación é de planta rectangular dividida en dous tramos, o primeiro ten dous arcos de bóveda con contrafortes no exterior e o segundo de forma rectangular é máis pequeno, pero conta co engadido da sancristía.
No seu interior destaca un retablo barroco de gran calidade do 1775 e conserva unha pía bautismal de orixe románica.