
Data do século XVIII, ten unha soa nave dividida en cruceiro transversal. Na súa fachada destaca o portón de arco de medio punto sobre pilastra, á súa vez enmarcada sobre pilastra que soportan o entaboamento sobre un frontón e un pequeno óculo sobre o pinchón.
No lado dereito hai unha torre campanario de estilo barroco con dous andares que remata en pináculo e cruz de ferro.
A esta igrexa pertencen tres linteis que se conservan no Museo Arqueolóxico de Pontevedra.