Enderezo
Ermita de A Lanzada
GPS
42.4295337, -8.8766668
Un lugar tan relevante na historia de Galicia tiña que ser orixe de lendas que aínda espertan o interese de xentes do lugar e visitantes.
O baño das nove ondas na praia da Nosa Señora da Lanzada. A muller que queira quedar embarazada debe recibir o baño de nove ondas o derradeiro sábado de agosto ás 12 da noite á luz da lúa.
O túnel á illa de Ons e a cidade somerxida de Lambriaca, a lenda fala dun túnel baixo o mar ata a illa de Ons e dunha cidade que ficou somerxida co avance do mar.