Enderezo
Rúa Madrid Sanxenxo
GPS
42.400171680062, -8.8058010530608
Noutrora foi unha torre que tras sucesivas modificacións e arranxos evolucionou a un belo pazo axardinado de finais do século XVIII
A edificación en forma de escuadro componse de baixo e un andar e nela distínguense tres edificacións nas que destaca o corpo central, unha galería aberta cunha balaustrada de pedra con lintel e cuberta. A familia Patiño conserva na actualidade a propiedade do pazo e está pechado ao público.