Pazo de Miraflores 

PADRIÑÁN

ENDEREZO & CONTACTO


Enderezo

Rúa Miraflores, 36960 Sanxenxo

GPS

42.405321725591, -8.7979619468237


HORARIO

O pazo de Miraflores parte dunha torre do século XVII á que se lle engadiu un século despois outra edificación de dúas plantas. O resultado é un monumental conxunto arquitectónico. A torre de planta rectangular inclúe baixo e dous andares e na súa fachada inclúe un brasón coas armas das familias propietarias e outros elementos decorativos como gárgolas, pináculos e ameas.

O pazo foi adquirido pola familia Pardo Bazán e durante a segunda metade do século XIX foi a residencia de verán dos pais da grande escritora galega dona Emilia Pardo Bazán, que pasou alí os veráns da súa nenez e cuxos inesquecibles recordos se reflectiron nalgunha das súas novelas. Daquela, a estrada que comunicaba coa capital non era boa e a familia Pardo Bazán desprazábase en barco desde Pontevedra e desembarcaba na praia da Carabuxeira, ata cuxas proximidades chegaba o terreo do pazo de Miraflores.

MAPA DE LOCALIZACIÓN

CONTACTO

NOVA BUSCA

gl_ESGalego