Enderezo
O Carballal Vilalonga Sanxenxo
GPS
42.435621092401, -8.8416272288361
É unha edificación do século XVI de dous andares en forma de escuadro. A propiedade inclúe un hórreo e unha capela de estilo neoclásico e planta rectangular con cuberta a dúas augas que no frontal ten un arco de medio punto enmarcado por pilastras que soportan un frontón con óculo.
No pazo destaca unha monumental cheminea prismática de granito rematada por catro pináculos.