Enderezo
Torre A Lanzada
GPS
42.4297544, -8.8774681
As invasións de viquingos e sarracenos
Na parte máis exterior da punta consérvanse restos dunha das torres da fortaleza que construíu o bispo Sisnando II no ano 952 para defenderse das invasións de viquingos e sarracenos.
Tamén para protexer a produción de sal que se exportaba ao resto de Europa ata o século XVIII.
No interior do que foi a fortaleza consérvase en perfecto estado a ermida da Nosa Señora da Lanzada (s. XII).